Oito de cada dez familias están satisfeitas ou non ven problemas no uso do galego nas aulas
O 55,2 % das familias consideran que a situación actual do uso do galego no sistema educativo debería manterse
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude encargou unha enquisa ás familias dos escolares
Oito de cada dez familias están satisfeitas ou non ven problemas no uso do galego nas aulas. Son os resultados dunha enquisa realizada pola Xunta sobre a percepción social do galego entre 1.200 pais e nais con rapaces en idade escolar. Un documento que entregaron ao cordinador do Plan Xeral de Normalización Lingüística.
Segundo o estudo, o 55,2 % das familias consideran que a situación actual do uso do galego no sistema educativo debería manterse sen cambios. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude aproveitou a presentación do informe para pedirlles a todas as forzas políticas que se sumen ao grupo de traballo.
López Campos insistiu e que fai "un chamamento para que os que non se sumaron a este proceso de actualización do Plan Xeral de Normalización Lingüística, que se incorporen, as portas están abertas".