Cargando resultados...
Realizan obras no río Belelle para poñer fin as inundacións en Neda
Afectados polas enchentes de 2023 celebran o comezo dos traballos
G24.gal
09/01/2025 14:17
Por moito tempo que pase os veciños de Neda non esquecerán o que viviron en novembro de 2023. Estaban afeitos ás enchentes dos ríos Belelle e Basteiro, pero din que nunca viran tal cousa. Por sorte non quedou ninguén ferido.
Dende entón, os afectados decidiron xuntarse e loitar para que estas enchentes non volveran repetirse. E máis dun ano despois parece que empezan a conseguilo.
As máquinas xa traballan sobre o terreo eliminando sedimentos. Tamén está previsto derrubar a presa. Unhas obras que, din, tamén servirán para revalorizar a zona.