Cargando resultados...
Obradoiros e concertos en Lugo para poñer en valor a zanfona
Trátase do segundo encontro Celme de zanfona
G24.gal
04/06/2022 14:49
Clases maxistrais, obradoiros e concertos son algunhas das actividades que se ofrecen esta fin de semana en Lugo con motivo do segundo encontro Celme de Zanfona, un xeito de dar a coñecer e poñer en valor este instrumento musical e o patrimonio musical galego.
A programación do encontro está orientada á formación e á interpretación e inclúe varias actuacións abertas ao público, como a que protagonizou esta mañá Suso Vaamonde.