Publicador de contidos

Publicador de contidos

Obradoiro–Leyma, cita no Sar nun duelo decisivo polo ascenso directo

Obradoiro–Leyma, cita no Sar nun duelo decisivo polo ascenso directo

O derbi poderase seguir en directo pola segunda canle da TVG e pola plataforma AGalega.gal

G24.gal 26/12/2025 13:21 Última actualización 26/12/2025 13:30

A Primeira FEB vivirá este domingo no Multiúsos Fontes do Sar un deses partidos chamados a marcar tempada. Monbus Obradoiro e Leyma Coruña, segundo e primeiro clasificados da liga, enfróntanse nun duelo directo polo liderado e polo ascenso á liga ACB.

Carles Marco eloxiou sen reservas ao rival, ao que definiu como “un superequipo” que atravesa un gran momento. Destacou a súa solidez colectiva, a variedade de focos ofensivos e a súa fortaleza defensiva.

“É o equipo que mellor ataca e a segunda mellor defensa. Xogan con menos ritmo, pero con mellores porcentaxes. Temos que tentar que esas porcentaxes baixen e coidar o rebote para poder correr”, analizou.

O técnico insistiu en que a principal fortaleza do Obradoiro é o grupo. “Non é un xogador en concreto, é un equipo moi coral”.

O favorito, por estatísticas acumuladas e por factor cancha, é o equipo local que, de gañar, achegaríase a tan só unha vitoria dos laranxas. Con todo, se os visitantes logran vencer, o Obradoiro quedaría xa a unha distancia de tres derrotas e esa xa empezaría a supoñer unha costa moi complicada de remontar.

Diego Epifanio ten claro que significaría un triunfo coruñés.

"Todo ou mundo é consciente dá importancia do partido. Se gañan, poden dar un golpe na mesa".

O derbi poderase seguir en directo pola G2 de TVG e pola plataforma AGalega.gal

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade