Cargando resultados...
Obradoiro e Breogán prepáranse para o dobre enfrontamento desta xornada contra os equipos canarios
G24.gal
15/10/2022 13:29
Galicia fronte ás Canarias. 4 equipos, os catro con récord positivo, na primeira metade da clasificación. E incluso un deles no máis alto. O Tenerife recibe este serán ao Obradoiro. Os galegos queren frear a un dos proxectos máis estables da ACB e torcerlle o xesto a Txus Vidorreta.
Moncho Fernández valora o grande éxito da continuidade no banco do seu rival.
Para mañá ao mediodía queda o Breogán-Gran Canaria. Os lucenses buscan o terceiro triunfo. En Badalona, a derrota chegou en grande parte polo rebote. É o primeiro a corrixir.
Mrsic cre que han facer "todo para que mellore esa faceta, que en Badalona fixo moito dano. Hai que melloralo".
Coas probables baixas de Sergi Quintela e Nakic, o Breogan terá que facerse forte ao abeiro do Pazo.