Obradoiro e Breogán calibran as opcións de entraren no play off
Obradoiro e Breogán calibran as opcións de entraren no play off
O Obradoiro recibe o Tenerife este serán (18:00 h)
O Breogán xoga mañá no pazo (12:30 h) diante do Zaragoza
Con 12 xornadas para o final, Breogán e Obradoiro viven un novo capítulo da súa andaina case parella, unha nova xornada na que comprobarán se o oitavo posto está a tiro ou a súa loita será a de ser os dominadores desa segunda liga que comeza na novena posición. O premio desta xornada será a décimo segunda vitoria, a que habitualmente marca unha permanencia que este ano xa se dá por feita. O primeiro en competir será o Obradoiro. Esta tarde chega a Santiago o subcampión de Copa, o Tenerife, un equipo fronte ao que valen os plans habituais contra os grandes desta liga.
A útima vitima do Obradoiro, o Zaragoza, será o rival que visite Lugo o domingo ao mediodía. Sergi Quintela, recuperado, volve á convocatoria.
Non se agarda a presenza no Pazo da promesa Aday Mara, que non viaxou por cuestións académicas.