Cargando resultados...
Obradoiro e Breogán, atar a permanencia canto antes e soñar con outras batallas
Obradoiro e Breogán, atar a permanencia canto antes e soñar con outras batallas
Os santiagueses xogan o sábado contra o Bilbao Básket e o Breogán recibe o domingo a Xirona
G24.gal
03/02/2023 21:49
O xogador más decisivo do Monbus Obradoiro, con media de 16 puntos por partido, segue convalecente por mor dun virus e será a gran dúbida para o encontro ante o Bilbao Basket, un equipo cunha mala serie de resultados, que chega ao Sar con 7 derrotas nos 9 últimos partidos oficiais, entre Liga e Europa.
O Obradoiro xoga no Sar o sábado e o domingo o Breogán no Pazo na busca da décima vitoria da temporada que o aconchegue á permanencia. Breogán-Xirona, con loas eternas de Mrsic para Aíto, un adestrador de 76 anos. Unha xornada para tentar dar un paso máis cara á salvación e poder soñar logo con outras batallas.