Publicador de contidos

Publicador de contidos

O xulgado pon o foco na xestión do aviso previo sobre o mal estado da pasarela de Santander

O xulgado pon o foco na xestión do aviso previo sobre o mal estado da pasarela de Santander

Terá que comparecer como investigada a policía local que non abriu incidencia tras o aviso do 112 

A xuíza pídelle tamén documentación a Costas e ao Concello, que manteñen unha vella discrepancia sobre as competencias no mantemento da ruta costeira 

No accidente do día 4 de marzo morreron 6 estudantes de FP e outra compañeira resultou ferida 

G24.gal 09/03/2026 14:54

Unha vez recibido o informe final elaborado pola Policía Xudicial e a Policía Científica sobre o accidente no que faleceron seis estudantes na pasarela costeira de Santander, a xuíza encargada do caso quere esclarecer as responsabilidades que se derivan da xestión da chamada de alerta que recibiu o 112 un día antes.

Segundo a versión publicada por un medio local, un veciño chamou a Emerxencias dicindo: "Hai unha ponte que esta rota. Como pase un grupo de persoas por aquí, mátase".

Desde o 112 alertaron a Policía Local, que asegurou que abriría unha incidencia, cousa que desde o Concello xa confirmaron o venres que non se fixo, e abríronlle un expediente á persoa responsable. Ese axente terá que comparecer no xulgado como imputado, xunto con outras persoas relacionadas coa chamada, que declararán como testemuñas. 

A xuíza tamén lle requiriu información tanto ao Concello de Santander coma a Demarcación de Costas do Estado, que manteñen vellas discrepancias sobre as responsabilidades de mantemento desta ruta costeira. 

"Finalmente, o máis probable é que todo isto da responsabilidade se resolva nos tribunais de xustiza", recoñeceu hoxe o delegado do Goberno en Cantabria, Pedro Casares.

A data prevista para as primeiras comparecencias xudiciais é o 27 de marzo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade