Publicador de contidos

Publicador de contidos

Begoña Gómez tampouco acudirá este luns á citación do xuíz Peinado

Begoña Gómez tampouco acudirá este luns á citación do xuíz Peinado

A muller do presidente do Goberno non acude á vista para concretar a súa imputación por delitos de tráfico de influencias ou corrupción nos negocios, entre outros delitos, ao considerar que só é necesario que vaia o seu avogado

G24.gal 06/10/2025 08:44 Última actualización 06/10/2025 12:24

Begoña Gómez, muller do presidente do Goberno, tampouco acudirá este luns á vista programada polo xuíz Juan Carlos Peinado  para concretar a súa imputación por delitos de tráfico de influencias ou corrupción nos negocios, entre outros, ao considerar que só é necesario que vaia o seu avogado.

Como ocorreu fai un par de semanas coa vista convocada polo xuíz dentro da peza na que se investiga unha presunta malversación, este luns Begoña Gómez tamén renunciou a estar presente na comparecencia fixada polo xuíz na causa principal, informan a EFE fontes de Moncloa.

A situación é a mesma que o sábado 27 de setembro: o titular do Xulgado de Instrución 41 de Madrid convocou a vista prevista na lei do tribunal do xurado despois de decidir que, no caso de que chegue a xuízo a parte principal da súa investigación, sexa axuizada por un xurado popular.

Trátase dunha vista na que o xuíz debe concretar a súa imputación contra os tres investigados -Begoña Gómez, a súa asesora, Cristina Álvarez e o empresario Juan Carlos Barrabés- e as partes manifestar como queren que discorra a causa: se solicitan o arquivo ou que continúe a investigación con máis dilixencias.

Na anterior ocasión, os investigados na peza separada -Begoña Gómez, Cristina Álvarez e o delegado do Goberno en Madrid, Francisco Martín- non acudiron ao esgrimir as súas defensas una circular da Fiscalía que avala a que este tipo de trámites só vaian os avogados. Deste xeito, Begoña Gómez tampouco acudirá este luns, senón que estará representada na vista polo seu avogado, Antonio Camacho.

A semana pasada o xuíz tamén citou para este luns á representación da Universidade Complutense de Madrid porque cre que debe considerarlla prexudicada do presunto delito de apropiación indebida dun software que se investiga na causa.

O xuíz alude a un artigo da lei do xurado que contempla que os "prexudicados" sexan oídos na comparecencia e informados dos seus dereitos de comparecer na causa.

Peinado, que investiga delitos de tráfico de influencias, corrupción nos negocios, intrusismo e apropiación indebida, trata de indagar se Gómez influíu a favor das empresas de Juan Carlos Barrabés, adxudicatario de contratos públicos, así como o seu rol na cátedra que codirixía na Universidade Complutense, incluído o patrocinio empresarial dun 'software' para a mesma. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade