Cargando resultados...
O xuiz confirma a suspensión da moción de censura de Manzaneda
O PP e os dous exconcelleiros do PSOE terán que presentala de novo para forzar a saída do alcalde socialista, Amable Fernández
G24.gal
10/11/2025 18:08
De momento non haberá moción de censura en Manzaneda. O xuíz confirma a súa suspensión.
O PP e os dous exconcelleiros do PSOE terán que presentala de novo para forzar a saída do alcalde socialista, Amable Fernández. O proceso paralizouse por un defecto de forma, xa que dúas das persoas que presentaron a moción non compareceron para autentificar as súas sinaturas ante o secretario.