O xogador do Lugo Xavi Torres, inhabilitado polo caso Osasuna
O xogador do Lugo Xavi Torres, inhabilitado polo caso Osasuna
O xogador albivermello é condenado polo Tribunal Supremo a dez meses de cárcere, multa económica e 22 meses de inhabilitación para a práctica profesional deportiva
Xavi Torres convértese no primeiro xogador en activo condenado por recibir primas
Xavi Torres convértese, xunto ao xogador xa retirado Antonio Amaya, nun dos primeiros futbolistas condenados en España por recibir primas de terceiros. Así o ditaminou o Tribunal Supremo no marco do caso Osasuna, en que se considera xa probado que o club navarro, a través de varios dos seus directivos, primaron os xogadores, entón no Real Betis, para “alterar os resultados da competición deportiva”.
Quedou demostrado que Amaya e Torres recibiron 650.000 euros por gañarlle ao Valladolid na xornada 37 da temporada 13-14 e por deixarse perder diante do Osasuna no seguinte partido.
No caso de Xavi Torres, o xogador albivermello non só ten unha pena de prisión menor e unha multa económica de 400.000 euros, senón que cae sobre el unha inhabilitación de 22 meses para a práctica profesional deportiva, o que golpea directamente o Lugo, que perdería un dos seus capitáns xusto cando se está xogando a permanencia.
Xavi Torres convértese no primeiro xogador en activo condenado por recibir primas.
Comunicado de apoio do Club Deportivo Lugo
O equipo galego sacou un comunicado de apoio ao seu capitán recordando que o xulgado corresponde a "feitos anteriores á súa integración como traballador e futbolista do Lugo". O equipo presidido por Tino Saqués amosou o "apoio á súa persoa, poñendo de manifesto o seu magnífico comportamento, profesionalidade, implicación e compromiso co club" e solicitando "respecto, tanto para o xogador como para o seu entorno".
|OFICIAL|📄
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) January 19, 2023
👉Comunicado Oficial. Xavi Torres#ForzaLugo