O vicepresidente da CEOE, contra a derrogación da reforma laboral
O vicepresidente da CEOE avisa das incertezas que atenazan a economía española, pide actuar con prudencia e non sucumbir á frivolidade. Neste sentido, o tamén presidente do Instituto de Estudos Económicos di que os empresarios apoian mellorar o actual marco de relacións laborais, pero matizan.
"O que non se pode facer é unha contrarreforma laboral. Primeiro, porque funcionou. En segundo lugar, que foi a reforma que pediu Bruxelas, e agora é paradoxal que digamos que queremos facer unha reforma porque o pide Bruxelas e non imos tirar abaixo o que nos pediu no seu día Bruxelas, porque Bruxelas non cambia de opinión da noite á mañá".
Íñigo Fernández de Mesa avisa tamén sobre as liñas vermellas da negociación e, neste sentido, considera que prohibir a subcontratación é imposible de asumir para o empresariado. Sobre o dato de inflación, Fernández de Mesa confía no acerto dos analistas e espera que a alza dos prezos sexa un "fenómeno transitorio debido á alza dos prezos da enerxía".