Publicador de contidos

Publicador de contidos

O vento derruba un veleiro instalado en cabaletes en Carnota

O vento derruba un veleiro instalado en cabaletes en Carnota

A forza do vento soltou un dos puntais de suxeición e en cinco segundos o veleiro acabou no chan

Este venres o veleiro permanecía tumbado no chan tras derrubalo o vento na treboada de onte
G24.gal 15/07/2022 13:19

Este venres á mañá permanecía deitada sobre o asfalto a embarcación derrubada onte polo vento en Lira, Carnota. O casco presenta danos importantes, probablemente ocasionados ao bater contra o chan.

"Estaba aí nos calces e normalmente non cae, pasaron as nordestadas e non pasou nada, e agora con esta treboada caeu. Son treboadas que pasan en 10 minutos ou un cuarto de hora e pumba!", di un veciño.

E é que o de onte á tardiña en Lira foi un dos rebentóns atmosféricos acontecidos en Galicia. Orixinouse un remuíño de vento forte que fixo que se soltase o primeiro dos puntais que suxeitaban o casco da embarcación, e en cuestión de cinco segundos quedaba apoiada de costado no asfalto.  Nese percorrido bateu contra un turismo vermello que estaba máis preto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade