Publicador de contidos

Publicador de contidos

O uruguaio Gonzalo Bueno, reforzo do ataque para o Pontevedra

O uruguaio Gonzalo Bueno, reforzo do ataque para o Pontevedra

Os seus obxectivos son "sumar e que o equipo poida salvarse"

G24.gal 13/02/2023 15:45 Última actualización 13/02/2023 15:49

O novo reforzo do Pontevedra C. F., o xogador de ataque uruguaio Gonzalo Bueno, foi presentado pola entidade granate no mediodía deste luns, despois de participar na primeira sesión co equipo.

Bueno, de 30 anos, chega ata final de tempada á cidade do Lérez despois dunha etapa no Central Español da segunda división uruguaia, a liga de Ascenso Profesional, onde finalizou a súa vinculación en novembro.

Na súa presentación, acompañado polo adestrador do primeiro equipo, Toni Otero, o internacional en categorías inferiores coa súa selección nacional destacou a ilusión coa que chega a Pontevedra, subliñando que "a proposta foi moi boa" e que pode achegar en "toda a fronte de ataque".

Entre os seus obxectivos para a súa estancia como xogador granate atópase principalmente "sumar e que o equipo poida salvarse".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade