Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda: "As restricións na hostalería non se van prolongar máis do necesario"

Rueda: "As restricións na hostalería non se van prolongar máis do necesario"

O TSXG avala a prórroga das restricións vixentes

O "toque de non queda" continúa en vigor

G24.gal 15/01/2022 13:46

Ata o 29 de xaneiro van continuar en vigor as restricións actuais derivadas da sexta onda e as modificacións introducidas no último subcomité clínico. Deste xeito, manterase a prohibición de xuntarse con non conviventes nas fins de semana e nos festivos entre as 3:00 e as 6:00 da madrugada, o soado "toque de non queda".

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avalou a prórroga proposta polo Executivo galego. O vicepresidente Alfonso Rueda lembra que non se pode baixar a garda. 

"Pídense porque a situación segue a ser moi complicada. Vemos que estamos nun número de contaxios aínda moi elevado. Polo tanto estas medidas, algunhas de mantemento e outras de modificación das que había, seguen sendo moi necesarias."

Na hostalería seguirá a ser obrigatorio, ata o 12 de febreiro, solicitarlle á clientela o certificado da covid e mantéñense as restricións actuais nos horarios de apertura. Alfonso Rueda entende a preocupación do sector pero lembra que as medidas non se prolongarán máis do estritamente necesario.

"Os hostaleiros, que son os máis prexudicados, deben saber que estas medidas non se van prolongar nin un só día máis do estritamente necesario. Pero tamén que é necesario aplicalas mentres sexa necesario."

A Xunta confía en que as actuais medidas sirvan para recuperar canto antes a normalidade coa vista posta neste ano xacobeo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade