Publicador de contidos

Publicador de contidos

O toque de atención dos Montes esperta o Coruxo

O toque de atención dos Montes esperta o Coruxo

Gañou o derbi da xornada no Couto con goles de Andriu e David Añón (0-2)

G24.gal 06/11/2022 20:49

Estaba moi amolado a semana pasada Jacobo Montes despois de perder ante o Burgos. O toque de atención serviulle, porque o Coruxo reaccionou e logrou a vitoria no campo dun Ourense C. F. que chegaba nun bo momento (0-2). 

De moita axuda lles foi marcar aos cinco minutos nun remate de Andriu á saída dun córner. O segundo gol tamén chegou no primeiro tempo nunha xogada de tiraliñas que culminou David Añón. Os ourensáns tiveron un lanzamento ao poste e outra de Rubén Sánchez. Youssef gozou dunha moi clara para marcar o terceiro para o Coruxo. 

A segunda metade tivo moito menos ritmo e poucas oportunidades. O Coruxo controlou a ofensiva local e acabou levando os puntos do Couto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade