Publicador de contidos

Publicador de contidos

O temporal deixa once comunidades en alerta por neve, vento e chuvia

O temporal deixa once comunidades en alerta por neve, vento e chuvia

Unha forte sarabiada ocasionou riadas e problemas de tráfico en Alacante

Contra o final da tarde iranse desactivando algunhas alertas

A neve obrigou a activar a alerta laranxa en seis comarcas do centro peninsular
G24.gal 23/11/2021 14:51

A neve caeu sobre todo Soria, Burgos, Guadalaxara e A Rioxa. En amplas zonas destas provincias, están en alerta laranxa, mentres que no resto de Castela e León, Asturias, Cantabria e os Pireneos a Axencia Estatal de Meteoroloxía activou o aviso amarelo.

En Alacante un fenómeno de gota fría provocou esta noite unha sarabiada moi forte e intensa que ocasionou riadas, algúns estragos e problemas de tráfico. 

O fenómeno non é habitual nesta época do ano, finais de outono, e os expertos explícano no contexto do cambio climático. 

Os meteorólogos prevén ir desactivando algunhas alertas contra o final da tarde e mañá só quedarán avisos amarelos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade