Publicador de contidos

Publicador de contidos

O tanatorio de Tres Cantos acolle o velorio de Georgie Dann

O tanatorio de Tres Cantos acolle o velorio de Georgie Dann

Poucos galegos poden dicir que nunca cantaran ou bailaran un tema seu

G24.gal 04/11/2021 14:24

No tanatorio da localidade madrileña de Tres Cantos instalouse este xoves o velorio do popular cantante Georgie Dann, que faleceu onte. Foi o rei indiscutible do que se chamou en España a canción do verán. Poucos galegos poden dicir que nunca cantaran ou bailaran un tema seu.

Os que naceron nos sesenta e setenta medraron ao ritmo das súas cancións. Era achegarse os meses de calor e Georgie Dann sacaba algún tema que se transformaba no éxito musical do verán.

Cancións que eran imprescindibles do repertorio nas orquestras. O 'Casatschock' , 'El bimbó', 'El chiringuito', 'La barbacoa', 'Carnaval, carnaval' ou 'El africano'. Ducias de éxitos.

Ritmos apegadizos e letras alegres e desenfadadas. Algunhas delas serían hoxe en día motivo de controversia. Un fixo nas galas televisivas. Tamén no 'Luar'.

Nacera en París hai 81 anos. Sufría varias patoloxías e non superou o paso polo quirófano. Marcha unha das iconas da canción lixeira española.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar