O TAD abre expediente a Pedro Rocha e ao resto da Comisión Xestora da RFEF
O TAD abre expediente a Pedro Rocha e ao resto da Comisión Xestora da RFEF
O expediente é por unha posible infracción moi grave
A apertura do expediente por infracción moi grave permite ao CSD suspender preventivamente a Rocha
O Consello Superior de Deportes (CSD) recibiu este luns unha resolución do Tribunal Administrativo do Deporte (TAD) na que este órgano comunica a súa decisión de incoar expediente sancionador a todos os membros da Comisión Xestora da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) por unha posible infracción moi grave.
Fontes do CSD confirmaron a EFE que os seus servizos xurídicos están a analizar o contido da resolución, de 39 páxinas, para decidir os seguintes pasos. A decisión do TAD é consecuencia da denuncia presentada por Miguel Galán, presidente do Centro Nacional de Adestradores de Fútbol (CENAFE), contra a xestora e o seu presidente, Pedro Rocha, por extralimitarse nas súas funcións.
A apertura do expediente por infracción moi grave permite ao CSD suspender preventivamente a Rocha, proclamado de forma provisional único candidato á presidencia da RFEF.