Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os audios do caso Leire Díez: "A directora da Garda Civil é da miña confianza"

Os audios do caso Leire Díez: "A directora da Garda Civil é da miña confianza"

A presunta 'fontaneira' do PSOE pretendía utilizar a directora xeral da Garda Civil para meter presión aos axentes da UCO: "Estou aquí para limpar"

Díez e Cerdán informaron a Narbona das accións para "reconducir" os "ataques" a Sánchez

A directora xeral da Garda Civil, Mercedes González (Europa Press)
G24.gal 04/06/2026 14:08 Última actualización 04/06/2026 15:00

A investigación sinala directamente o Ministerio do Interior e a directora da Garda Civil. Leire Díez reuniuse ata 3  veces con ela e pediulle literalmente, que os axentes se puxeran de perfil nas investigacións que afectaban a Pedro Sánchez e ao seu círculo.

O sumario recolle polo menos tres encontros entre Leire Díez e Mercedes González, directora xeral da Garda Civil. Nunha conversa con Juan Sánchez Yepes, exmembro da UCO, Díez presume da súa relación coa directora xeral:

Leire Díez: "A próxima conversa vai ser coa directora da Garda Civil".
Juan Sánchez Yepes. "Eu con iso non quero...".
Leire Díez:"A miña, a miña".
Juan Sánchez Yepes: "si pero a directora xeral da Garda Civil..., a ver".
Leire Díez: "É da miña confianza".

Leire Díez pretendía influír para que Mercedes González actuara contra a UCO, en concreto contra os axentes que investigaba o círculo de Sánchez e do Goberno. Noutro audio incluído no sumario, Díez apuntaba a necesidade de ter información de Antonio Balas, tenente coronel da UCO:

Leire Díez: "Non necesito a todo o mundo agora, necesito a Balas".

O ministro do Interior, Grande-Marlaska, di que non tivo coñecemento de ningunha intromisión de mandos da Garda Civil sobre axentes da UCO e defendeu a integridade de Mercedes González. "A súa actuación foi exemplar en todo momento" asegurou o ministro.

Os audios incluídos no sumario revelan cal era a función de Leire Díez na trama: 

Leire Díez: "Obviamente a intención de todo isto é limpar".

Limpar xuíces, fiscais ou gardas civís que puideran supoñer un problema para o PSOE ou para o Goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade