Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Strasbourg francés, un desafío maiúsculo para o Obradoiro

O Strasbourg francés, un desafío maiúsculo para o Obradoiro

O Strasbourg, subcampión de Liga e Copa de Francia en varias ocasións, finalista da Eurocup en 2016, é o favorito

G24.gal 29/09/2023 13:27 Última actualización 29/09/2023 13:32

O poderío físico e a historia do Strasbourg francés, un equipo que encadea once participacións consecutivas en competición continental, propoñen un desafío de altura para o Monbus Obradoiro na final da fase previa da Basketball Champions League (BCL) que ambos disputan este sábado no Antalya Sports Area de Turquía.

O Strasbourg, subcampión de Liga e Copa de Francia en varias ocasións, finalista da Eurocup en 2016, é o favorito. Por primeira vez na súa historia, tivo que sacar o seu billete para a fase de grupos da BCL a través da rolda preliminar, na que xa superou ao Karhu Basket finlandés e ao Nes Ziona israelí.

O técnico Massimo Cancellieri conta cun bloque moi físico, no que destaca o internacional francés Paul Lacombe, un xogador con experiencia en Euroliga e medalla de bronce no Mundial 2019. Os seus compatriotas Léopold Cavaliere e Hugo Invernizzi e os estadounidenses Phil Booth e Chaundee Brown son as outras ameazas ofensivas dun equipo que esixirá un notable exercicio físico ao Obradoiro, que seguirá sen poder contar co dominicano Rigoberto Mendoza, lesionado no primeiro cruzamento ante o Mornar.

Moncho Fernández foi dosificando os seus xogadores, consciente da importancia de chegar frescos ao decisivo encontro. Onte á noite, o Legia Varsovia xa obrigou o equipo santiagués a enchufarse en defensa para alcanzar a final da fase previa, onde buscará agrandar a súa historia coa clasificación para a fase de grupos da BCL.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade