Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sofán estrea o seu palmarés na Copa da Costa

O Sofán estrea o seu palmarés na Copa da Costa

Gañoulle por 5-0 ao Baio nun dos torneos con máis encanto do fútbol galego

G24.gal 25/06/2023 20:28

A edición número LVIII da Copa da Costa trouxo o primeiro título para a parroquia carballesa de Sofán. Os vermellos impuxéronse na final ao Baio, dunha categoría inferior, por un contundente 5-0. Os goles de Bandera e Paulo no primeiro tempo encamiñaron o triunfo. Dani Pena fixo o terceiro nada máis comezar a segunda parte e xa no treito final Iván e Taibo completaron o resultado. 

A Copa da Costa é un dos torneos con máis encanto do fútbol galego. Vén disputándose desde a década dos sesenta e sempre atrae un gran número de seareiros. Dentro dos torneos deste tipo que hai por toda Galicia é o que conta con máis tradición. O Sofán nunca conseguira gañalo, só ser finalista en 2018. Agora xa presume de ter unha Copa no seu palmarés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade