Cargando resultados...
O Sindicato Labrego Galego di que a futura lei de recursos naturais só beneficia grandes empresas
O Sindicato Labrego Galego di que a futura lei de recursos naturais só beneficia grandes empresas
Desde a formación aseguran que a norma "vai en detrimento dos veciños e sociedade"
G24.gal
24/05/2023 15:09
O Sindicato Labrego Galego rexeita a futura lei de recursos naturais que prepara a Xunta. Cre que prioriza os proxectos de grandes empresas sobre os intereses do veciños e dos sectores agrario e pandeiro.
"Preocúpanos moito todo o que contempla este borrador, parece que está feito a medida de grandes empresas mineiras e eléctricas, e que vai en detrimento dos veciños e sociedade", asegura Isabel Vilalba, secretaria xeral do SLG.