Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sevilla liberaría a Álvaro Fernández en caso de conseguir a cesión de Vlahodimos

O Sevilla liberaría a Álvaro Fernández en caso de conseguir a cesión de Vlahodimos

As dúas operacións están vencelladas e en caso de producirse o porteiro chegaría á Coruña coa carta de liberdade

G24.gal 07/08/2025 20:12

O Sevilla e o Newcastle negocian a cesión por unha temporada do porteiro grego Vlachodimos. Esa operación propiciaría que o club sevillano lle dese a carta de liberdade ao porteiro Álvaro Fernández para que asine como axente libre polo Deportivo. As dúas operacións están vencelladas e atópanse na fase final.

Álvaro Fernández substituiría a Helton, presentado polo Fortaleza brasileiro este xoves e que marchou despois de depositar a cláusula de 300.000 euros. Arestora o Deportivo ten dous porteiros, Germán Parreño e Éric Puerto, e Antonio Hidalgo e a dirección deportiva saben que precisan incorporar unha terceira peza para ser un equipo candidato ao ascenso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade