Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sevilla, finalista da Europa League por sétima vez na súa historia

O Sevilla, finalista da Europa League por sétima vez na súa historia

O Sevilla, que gañou seis veces a Europa League, medirase na final á Roma de Mourinho o próximo día 31 no Puskas Arena de Budapest

Un lance do partido entre o Sevilla e a Juventus de Turín Un lance do partido entre o Sevilla e a Juventus de Turín
G24.gal 18/05/2023 23:39

Foi un partido non apto para cardíacos o vivido no estadio Ramón Sánchez Pizjuán da capital andaluza. O Sevilla volveu demostrar que a Europa League é unha competición fetiche para eles. Despois dun duro partido conseguiu vencer por dous goles a un a Juventus de Turín, que quedou apeada deste torneo.

Ao remate da primeira metade chegouse con empate sen goles no marcador. Adiantáronse os transalpinos cun gol de Vlahovic no minuto 64, que foi correspondido por un de Suso seis minutos máis tarde.

Chegouse á prorroga con táboas no marcador. Aí foi onde o equipo andaluz amosou a súa superioridade sobre a vecchia signora, considerada perdefinais, xa que perdeu sete veces a final da Liga de Campións.

Lamela desfixo a igualada ao pouco de comezada a prolongación, o cal supuña o pase á final dos hispalenses cun global na eliminatoria de 3-2. A seis minutos do final, o Sevilla quedou cun home menos por expulsión de Marcos Acuña. E así aguantaron ata o 124, xa que o árbitro alongou o tempo suplementario catro minutos máis.

Na final, agárdao outro italiano, a Roma de José Mourinho. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar