Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Sergas ultima o protocolo para avalar os positivos por autotest de antíxenos

O Sergas ultima o protocolo para avalar os positivos por autotest de antíxenos

Á espera do visto e prace do Ministerio, a medida pretende aliviar a carga do sistema público de saúde 

G24.gal 30/12/2021 14:02

O aluvión de casos e as diferentes características desta sexta onda están provocando algúns cambios na xestión da pandemia. A partir de hoxe as corentenas xa son de só sete días, e o Sergas fai axustes nos protocolos para minimizar o impacto socieconómico dos contaxios e aliviar a carga do sistema público de saúde.

A principal novidade na proposta que deseña a Dirección Xeral de Saúde Pública é recoñer o autotest de antíxenos de farmacia como positivo confirmado, sen necesidade de contrastar cunha PCR.

Ante un positivo, lembran que nunca se debe ir presencialmente ao centro de saúde. Hai que autoconfinarse canto antes e durante sete días.

Inmediatamente, débese comunicar o caso no teléfono do coronavirus -881 540 045- ou cunha autodeclaración na web do Sergas.

Así iníciase automaticamente o procedemento: enquisa médica, chamada dos rastrexadores e tramitación da baixa laboral.

Tras a corentena de sete días e se non aparecen síntomas importantes, a alta é automática sen necesidade de PCR.

Porque a partir de agora, as probas de PCR  só serán para persoas con síntomas, contactos estreitos non vacinados ou inmunodeprimidos. E deben solicitalas sempre os servizos médicos.

Nos puntos de cribado gratuíto realizarán a partir de agora tests de antíxenos e só con cita previa.

Tamén hai que lembrar que os contactos dun positivo xa non se consideran contactos estreitos se están vacinados. Deben seguir coa súa vida normal extremando as precaucións se hai non seu círculo alguén vulnerable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos