Publicador de contidos

Publicador de contidos

'E ti, gastas pista?', o lema co que o Sergas quere reducir o exceso de peso

'E ti, gastas pista?', o lema co que o Sergas quere reducir o exceso de peso

Un 39 % dos galegos teñen exceso de peso e un 16%, obesidade

G24.gal 13/05/2022 14:40 Última actualización 13/05/2022 15:16

"E ti, gastas pista?' será o lema dunha campaña que a Xunta para concienciar da necesidade de reducir o exceso e peso.  A consellería de Sanidade mostra así a súa preocupación polos datos que demostran que o 39,2 % dos galegos, uns 849.000 cidadáns, ten un peso excesivo e un 16,5, un total de 357.000 persoas, son obesas. Con esta campaña pretende conseguir unha Galicia máis saudable, máis forte e máis feliz.

O exceso no índice de masa corporal está tras moitos problemas de saúde cardiovascular e mesmo favorece o desenvolvemento de varios tipos de cancro. Por iso, mellorar os hábitos de comida, actividade e sono dos galegos, van realizan esta campaña que forma parte do programa 'Obesidade Zero' en Galicia. Esta campaña presentouna esta mañá a directora xeral de Saúde Publica da consellería de Sanidade, Carmen Durán.

Queren reducir un 15 % o peso dos galegos en oito anos. Para o ano que vén, un 1%, e para empezar propoñen que todos fagamos, polo menos, o Camiño Francés.

"Pero non fai falla ir a ningures, podemos ilos facendo mentres estamos no traballo, na casa, no noso barrio: imos contar todos os pasos do Camiño Francés, que son 930 quilómetros. Podemos contalos cun contapasos e despois subilos á carpeta persoal do paciente para entre todos poder cumprir este reto", explica a directora xeral de Saúde Pública.

O programa promove evitar o sedentarismo. Presentouse esta mañá, e lembra que a obesidade está tras moitas patoloxías cardiovasculares e tamén é un factor de risco para cancros como o de próstata, mama ou cervix.

Entre as causas da obesidade están a alimentación, o exercicio, tamén o sono escaso e os problemas socioeconómicos.

"Inflúe o benestar emocional, que en gran medida e para moita xente é benestar socioeconómico. Sabemos que a pobreza é unha das principais causas da obesidade", lamenta Deborah García, divulgadora científica. 

Reducir as nosas taxas, un 16 % de obesidade, require divulgación, porque non todo é medir calorías.

Canto á actividade, saber que hai que distinguir entre deporte e exercicio, e é o exercicio -non o deporte- o que está indicado se temos exceso de peso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar