Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas pide fixar unha data para aplicar a cuarta dose ás persoas vulnerables

O Sergas pide fixar unha data para aplicar a cuarta dose ás persoas vulnerables

Hai só uns días a ministra de Sanidade daba por feito que haberá unha cuarta dose da vacina contra a covid para toda a poboación

Si está aprobada a inxección de reforzo para as persoas que viven en residencias e para os que teñen 80 anos ou máis

G24.gal 19/06/2022 20:47 Última actualización 19/06/2022 23:39

A Comisión Nacional de Saúde Pública acordou administrar a cuarta dose da vacina da covid só ás persoas vulnerables, especialmente as que viven en residencias e as de oitenta anos ou máis.
Dende Galicia urxen poñerlle data a esa nova campaña de reforzo para planificar a súa administración, segundo explica Carmen Durán, directora xeral de Saúde Pública.
 

O que non se chegou a definir foi exactamente cando se ía administrar esta dose. Falouse de que se ía estudar a situación epidemiolóxica e que se decidiría. Nosoutros o que solicitamos é que se fixe data, levamos xa un par de meses pedindo este reforzo para os maiores, debido á incidencia acumulada e queriamos unha data concreta por un motivo de planificación e de anticipación do que poida ocorrer cara ao outono.

Neste momento a Axencia Europea do Medicamento estuda a eficacia dunha vacina de Moderna, adaptada para proporcionar unha protección mellor contra as variantes do virus, pero a comercialización do novo fármaco pode demorarse. Carmen Durán di que mesmo coas vacinas actuais, é conveniente a dose de reforzo nos maiores.

Non sabemos cando se vai finalizar esta avaliación e cando se vai poder comercializar, en calquera caso o que hai que ter claro é que a vacina que estamos administrando actualmente funciona e o que está claro é que antes de non poñer un segundo reforzo é preferible poñer esta vacina que ten unha alta eficacia probada.
 

Con todo, o Sergas insiste na necesidade de protexer as persoas vulnerables e de pór a máscara nos espazos moi concorridos.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade