Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas mercará un 30 % máis de vacinas fronte ao herpes zóster ante a alta demanda

O Sergas mercará un 30 % máis de vacinas fronte ao herpes zóster ante a alta demanda

O Consello da Xunta tamén aprobou incorporar a partir do mes que vén unha dose de reforzo fronte ao meningococo B ao facer os 12 anos

G24.gal 27/04/2026 14:02

O Consello da Xunta autorizou este luns mercar un 30 % máis de vacinas para protexer a poboación diana fronte ao virus do herpes zóster, que se administra ás persoas de entre 65 e 80 anos.

En total vanse destinar 16,2 millóns de euros para mercar 130.000 doses.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que "a necesidade de mercar máis vacinas obedece ao aumento moi significativo da demanda de protexerse ante este virus, que medrou un 20 por cento dende que se incorporou ao calendario no ano 2023".

A xuntanza do Goberno da Xunta tamén aprobou incorporar a partir do mes que vén no calendario de vacinación unha dose de reforzo fronte ao meningococo B ao facer os 12 anos.

Galicia será a primeira comunidade en ampliar a protección fronte a esta enfermidade. Para iso será previso reforzar a adquisición de vacinas, para o que a Xunta incrementará un 60 % o investimento neste fármaco, ata chegar aos 4,7 millóns de euros ao ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade