Cargando resultados...
O Sergas habilita un formulario web para que se rexistren os positivos
A medida tómase para non saturar o teléfono covid e rebaixar o traballo nos centros de saúde
Se ten unha proba de autodiagnóstico positiva, rexístrese aquí

G24.gal
07/01/2022 21:31
Para evitar a saturación do número covid e rebaixar o traballo nos centros de saúde, o Sergas pon en marcha un formulario web para que calquera persoa que dea positivo introduza os seus datos e quede rexistrado no sistema.
Tras esta autodeclaración, os rastrexadores poñeranse en contacto co positivo que tamén aparecera nunha listaxe do médico de cabeceira. O doutor chamará o paciente para tratalo e, se corresponde, tramitar a baixa laboral.