Cargando resultados...
O Sergas enviará á casa os tests para o cribado do cancro colorrectal sen invitación previa
Cambia a estratexia actual coa invitación á poboación diana por correo para que aceptara participar no programa
G24.gal
13/11/2022 20:05
Cambio de estratexia na detección precoz do cancro colorrectal. A consellería de Sanidade enviará directamente aos domicilios, sen previa invitación, os tests de cribado.
Ata agora, antes de enviar os elementos para a recollida de mostras, o Sergas invitaba a poboación diana mediante o correo para que aceptase participar no programa. Pero logo dunha proba piloto na área sanitaria da Coruña-Cee, a Consellería decidiu enviar directamente os tests.
Asegura que así van lograr un aumento de 12.000 participantes e poderán detectarse uns 50 casos máis ao ano.