Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Sergas ensaia unha metodoloxía de cribado de cancro de pulmón

O Sergas ensaia unha metodoloxía de cribado de cancro de pulmón

A proba piloto diríxese a 1.200 pacientes do centro de saúde do Ventorrillo que teñen antecedentes de abuso de tabaco

G24.gal 01/04/2024 14:32

Fixéronse 30 anos do cribado de mama en Galicia, nos que se detectaron de xeito precoz 11.000 tumores. Xa van 2.000 detectados tamén desde o inicio do cribado de colon, en 2013. E o de colo de útero acaba de estenderse a todas as áreas sanitarias. Polo tanto, de se consolidar, o cribado do cancro de pulmón sería o cuarto que ofrece o Sergas.

Non será xeneralizado, senón destinado especificamente aos pacientes de máis risco, que serán invitados a facer un TAC de baixa radiación. Dentro de dous ou tres meses, en función dos datos de adherencia e falsos positivos e negativos, decidirase se se estende ou non a metodoloxía desde programa a outros centros de saúde. 

"Imos analizar como acoutar esa poboación para que o número de falsos positivo estea limitado, de xeito que o día que se estenda non implique demorar as probas diagnósticas ordinarias", explicou Xulio García Comesaña, o conselleiro de Sanidade.

O programa de cribado de cancro de pulmón comezará inicialmente entre persoas de entre 35 e 75 anos deste centro da Coruña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade