Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas ensaia na Estrada o novo modelo de interconsultas de cardioloxía

O Sergas ensaia na Estrada o novo modelo de interconsultas de cardioloxía

Fonendos electrónicos, aplicacións que permiten facer un electro na casa ou ecografías do corazón transmitidas en tempo real son algúns dos avances que se van introducir

G24.gal 16/05/2022 15:07

Novos aparatos de diagnóstico veñen revolucionar o sistema interconsultas. 'Cardia' é un deles, e permite que un paciente con arritmias ou taquicardias poida rexistrar -tamén na casa cunha app descargada no seu propio móbil- todos os problemas que ás veces non afloran no momento das consultas.

Tamén haberá fonendos que se conectan ao smartphone desde os que enviar os sons do corazón ao cardiólogo, e outras probas que se fose necesario poderían transmitirse en tempo real, como, por exemplo, unha ecocardioscopia.

Os responsables de cardioloxía do CHUS explican que o sistema revolucionará a concepción de atención primaria, dotando de máis autonomía e medios os facultativos. Apuntan a un novo modelo asistencial máis proactivo e centrado no paciente. O xefe do Servizo, Carlos Juanatey, asegura que todo será posible grazas á historia clínica electrónica, á que se refire como unha das principais fortalezas do sistema sanitario galego. 

O centro de saúde da Estrada é onde se ensaia este novo modelo de interconsultas. Comeza a pilotarse este mes de maio e posteriormente estenderase a outros centros de saúde. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos