Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas analizará restricións para Noitevella e nos concellos con alto risco

O Sergas analizará restricións para Noitevella e nos concellos con alto risco

Feijóo insiste na recomendación de non xuntarse máis de dúas unidades familiares

G24.gal 23/12/2021 18:44

Canda os tests e a vacinación, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, di que para evitar os contaxios desta sexta onda é fundamental cumprir os vindeiros días coa recomendación coñecida de non xuntarse máis de dúas unidades familiares nas celebracións.

"Aínda que sexamos oito, se somos de catro unidades familiares é moito máis perigoso que se ceamos doce de dúas unidades familiares. Insistimos para que os galegos se coiden", explicou Feijóo.

Isto é unha recomendación, pero o Sergas vai reunir luns ou martes o comité de expertos clínicos para decidir se cómpre tomar medidas para fin de ano e as cabalgatas e deseñar restricións para os concellos con alta incidencia.

"En caso de que teñamos algún concello ou zona especialmente vulnerable, temos que ter estadios, como tivemos nas anteriores ondas, para poder actuar en relación con ocupacións ou outras decisións", dixo o presidente.

23 puntos de test

En Galicia haberá 23 puntos, sumados os que se puxeron nos tres aeroportos e cinco estacións de tren, para facer probas PCR ou de antíxeno. Feijóo destaca a importancia de reforzar a detección do virus.

"Estamos insistindo nos tests, nos tests e nos tests por moito que isto traia malas noticias. Sempre é unha boa noticia diagnosticar un contaxiado para que deixe de contaxiar, empece a coidarse e evitar un ingreso hospitalario", afirmou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade