Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas apura a vacinación de reforzo polo aumento dos contaxios

O Sergas apura a vacinación de reforzo polo aumento dos contaxios

O luns vindeiro comeza a administrarse a dose de reforzo dos maiores de 50 anos

En poucos días remata a aplicación da terceira dose en maiores de 60 e persoal sanitario

G24.gal 11/12/2021 14:27

Ante o avance de casos de covid e a trece días do Nadal, o Sergas acelera o proceso de vacinación en toda Galicia. A nosa comunidade está á cabeza na administración da dose de reforzo respecto ao resto de España. 

A vindeira semana completarase a terceira dose das persoas de entre 60 e 69 anos. No Gaiás, en Compostela, esperan rematar xa esta fin de semana coa dose de reforzo nesa franxa de idade e tamén no persoal sanitario.

Hai citadas para este sábado na Cidade da Cultura unhas 6.200 persoas. Reciben a dose de reforzo de Moderna.

Desde o luns vindeiro xa están convocadas as persoas do seguinte tramo de idade, as maiores de 50 anos.

O Sergas continúa ademais vacinando as persoas que non acudiran a algunha das súas citas e tamén coa vacinación libre e sen citación daquelas que decidiran non vacinarse no seu momento e que reciben aínda agora a súa primeira dose. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar