O segundo premio do Neno caeu repartido na provincia da Coruña e Pontevedra
Parte do segundo premio caeu en Camariñas, Bueu, Arteixo, Vigo, Santiago ou Cangas
O loteiro da praza de Lugo, na Coruña vendeu cinco décimos, 75.000 euros por boleto. 375.000 euros en total. Toda unha alegría, dixo o loteiro. O segundo do Neno foi a Nigrán, Cangas, Bueu ou Vigo. E tamén caeu en media ducia de lugares da Coruña.
O 44.469 viaxou a Fene, Neda, tocou nun bar de Camariñas, en Arteixo ou en Santiago, na administración do Hórreo 27, no bar Venecia repartiron catrocentos cincuenta mil euros. Pode ser calquera o agraciado porque o segundo do Neno foi moi repartido.
Na administración O Gato negro da Coruña venderon dez décimos. 750.000 euros repartiron. O segundo premio do Neno caeu moi repartido por toda España, tamén nas provincias da Coruña e Pontevedra. O 44.469 foi a desculpa perfecta en moitas administracións de lotaría para abrir botellas de cava e espumoso e sorrir, aínda que sexa, baixo a máscara.