O segundo barco escola máis grande do mundo está en Vigo
O peruano BAP Unión pódese visitar ata o mércores pola mañá
Ten case 116 metros de eslora e está xerando moita expectación en Vigo, porque nel podemos ver os vellos sistemas de navegación astronómicos
O buque escola da Armada peruana BAP Unión permanecerá en Vigo ata o mércores e pódese visitar. É o segundo maior buque escola do mundo con case 116 metros de eslora. A bordo del viaxan 71 cadetes de terceiro curso e o seu próximo destino será Panamá.
Construído hai 9 anos coa asesoría de Navantia o buque é unha homenaxe á vella corveta do país afundida tras a derrota da Guerra do Pacífico. É o segundo buque escola máis grande do mundo con case 116 metros de eslora. Está xerando moita expectación en Vigo porque nel podemos ver os vellos sistemas de navegación astronómicos.
Os alumnos percorren a bordo diversos portos do mundo durante seis meses. Abren as súas portas en cada peirao, exercendo de embaixada flotante do país andino: da súa cultura e da súa gastronomía.
A embarcación está sendo visitada por turistas, peruanos afincados en Vigo, e por curiosos que viron a súa silueta próximas ás Cíes e por amantes do mar e da navegación clásica. Tamén recibiron a visita dos cadetes da Escola Naval de Marín.
O barco abandonará Vigo o vindeiro mércores, ata daquela pódese visitar de balde en Vigo.