Publicador de contidos

Publicador de contidos

O sector turístico encara o ano con optimismo

O sector turístico encara o ano con optimismo

O Clúster de Turismo prevé que a recuperación se acelere a partir da Semana Santa

No segundo semestre de 2021 recuperaron cifras de ocupación anteriores á pandemia

 

G24.gal 17/01/2022 14:42

A recuperación do sector turístico chegou na segunda metade do ano pasado, e chegou con forza: con máis de 3 millóns e medio de visitantes, Galicia colocouse como a terceira comunidade do estado en viaxeiros e pernoitas en 2021.

Xunta e Clúster de Turismo preparan a estratexia para que este ano sexa aínda mellor. Consolidada Galicia como destino seguro, o obxectivo é recuperar o turismo internacional.

"Todo fai pensar que, co avance da vacinación, volveremos a cifras de ocupación incluso superiores ás de 2019", afirma Cesáreo Pardal, presidente do Clúster. 

O tirón do Xacobeo vai axudar á recuperación do turismo internacional. Polos datos da Consellería de Turismo, en 2019 o 60 por cento dos peregrinos viñan de fóra. En 2021 os estranxeiros foron só o dez por cento. Para 2022, a perspectiva mellora. "Así o din as axencias de viaxes especializadas", afirma o conselleiro Alfonso Rueda, e engade que "hai moitísimas reservas". 

E para consolidar o turismo interno, haberá unha nova convocatoria do bono turístico. Está por definir a porcentaxe de axuda e se se restrinxe a determinadas épocas do ano, explicou Rueda, detalles que -dixo- perfilarán nas próximas semanas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade