Publicador de contidos

Publicador de contidos

O secretario xeral de UGT Madrid dimite tras denunciar á policía unha trama de corrupción no sindicato

O secretario xeral de UGT Madrid dimite tras denunciar á policía unha trama de corrupción no sindicato

Luís Miguel López Reillo afirma que dimite por "responsabilidade política e dignidade persoal" e explica que proseguirán "as investigacións policiais para esclarecer os feitos"

G24.gal 21/12/2021 10:52

O secretario xeral de UXT Madrid, Luís Miguel López Reillo, dimitiu do seu cargo este martes, días despois de denunciar á policía unha trama de corrupción no sindicato, segundo comunicou nunha mensaxe de Twitter aos afiliados.

No seu chío, López Reillo afirma que dimite por "responsabilidade política e dignidade persoal" e explica que proseguirán "as investigacións policiais para esclarecer os feitos".

O sábado pasado, o diario 'El Mundo' informaba de que López Reillo denunciara ante a Policía Nacional un posible caso de corrupción no sindicato, que podería desviar polo menos un millón de euros do Fondo de Garantía Salarial (FOGASA).

Segundo informacións xornalísticas, na trama corrupta estaría presuntamente implicada unha administrativa do sindicato, filla da parlamentaria do PSOE da Asemblea de Madrid Carmen López, e entidades bancarias que xestionaban os fondos de diñeiro público destinados a empregados despedidos.

Luís Miguel López Reillo, de 66 anos, foi elixido secretario xeral de UGT Madrid o 6 de maio de 2016 no XIV congreso de UGT madrileño

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade