Cargando resultados...
O robot Da Vinci realizou 1.500 operacións cirúrxicas no último ano en Galicia

G24.gal
20/07/2022 17:09
O presidente da Xunta visitou hoxe o quirófano do hospital de Ferrol, que ten un dos sete robots Da Vinci que comprou o Sergas hai un ano para facer operacións menos invasivas. Neste tempo realizáronse 1.500 intervencións en Galicia con esta tecnoloxía.
Só no hospital Arquitecto Marcide de Ferrol fixéronse 170 intervencións co robot Da Vinci para tratar, sobre todo, doenzas de uroloxía, aínda que tamén se usa en dixestivo, xinecoloxía ou torácica.