Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Robertson máis ambicioso quere que o Obradoiro xogue os play-off

O Robertson máis ambicioso quere que o Obradoiro xogue os play-off

Robertson: "Cando vaiamos aos play-off estarei no meu mellor momento"

Foto @OBRADOIROCAB
G24.gal 26/01/2023 15:41 Última actualización 26/01/2023 15:48

Estrouse esta temporada o día no que o Obradoiro derrotou o Barcelona. E, malia que o nome da camisola fose doutro base, o Sar sabía que volvía un líder. A súa media roza os 18 puntos por partido. Supera os 17 que adoitaba anotar Dragan Bender. E mellora os números seus de campañas anteriores. Tivo unha media de 15 puntos na 2020-21, e de 14 o curso pasado.

Esta temporada suma oito partidos co Obradoiro e 6 vitorias. Fala dun obxectivo moi claro: estar nos play-off.

"A idea é que estamos aquí para gañar, gañar para chegar aos play-off, non só vencer partidos para asegurar a permanencia. Esa é a mentalidade que temos que ter".

Abriu o 2023 ante o Manresa con 28 puntos. Advirte que non seu viu aínda o mellor Robertson.

"Cando vaiamos aos play-off estarei no meu mellor momento".

Ambición máxima deste canadense que con só 75 partidos no Obradoiro xa é o segundo máximo anotador da historia do club na ACB, superado só por Alberto Corbacho.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos