Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Río Breogán cae con claridade no Palau (82-54)

O Río Breogán cae con claridade no Palau (82-54)

G24.gal 12/02/2023 13:58

O Río Breogán non puido competir ao seu mellor nivel na cancha do Barça e regresou do Palau cunha clara derrota

Os lucenses afrontaban o partido en precarias condicións, coas baixas de Sergi Quintela e Bamforth e as molestias do seu referente interior, Etan Happ, que non estivo ao nivel de anteriores encontros.

O Barcelona saíu decidido a polo partido cun 10-0 de inicio. Houbo reacción luguesa, que chegou a colocarse cun 20-17 no inicio do segundo cuarto. Porén, os de Mrsic, non tiveron acerto ofensivo. Cada un punto era un suplicio, cun acerto desde o perímetro inferior ao 20 por cento. Aínda así, o bo traballo defensivo dos galegos permitiulles chegar ao descanso só 11 abaixo.

No terceiro cuarto, o Barcelona estirou as vantaxes por riba da vintena e converteu nun trámite o último cuarto, no que as diferenzas seguiron aumentando ata o 82-54 final.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade