Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Río Breogán agarda manter a senda positiva xogando como visitante

O Río Breogán agarda manter a senda positiva xogando como visitante

Esta temporada xa gañou nas pistas de Murcia, Manresa, Xirona e na do Betis

O Zaragoza é outro rival directo pola permanencia

G24.gal 02/01/2023 21:17

O Breogán xoga o mércores en Zaragoza, un rival directo pola permanencia. Mrsic, que esta semana puido traballar con todo o equipo, non quere pensar aínda no derbi da fin de semana contra o Obradoiro.

O Río Breogán amosouse infalible nos partidos como visitante contra os rivais que tamén pelexan por evitar o descenso e tentará seguir na mesma liña. Agora mesmo sácalle tres triunfos ao Zaragoza e meter un cuarto partido sería coller unha marxe que daría moita tranquilidade para as vindeiras xornadas. Un triunfo tamén permitiría manter o soño de xogar a Copa por segundo ano consecutivo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade