A repunta do petróleo provoca caídas xeralizadas nas bolsas de toda Europa
Na apertura, o IBEX 35 abríu cunha caída do 1,39 % comprometendo os 17.000 puntos
Lidera as perdas Fráncfort, cunha baixa do 1,58 % e Londres e París ceden tamén un 1,3 por cento
O prezo do petróleo e do gas dispáranse tras os ataques a instalacións enerxéticas no golfo Pérsico
Arquivo/Europa Press
Os mercados de toda Europa abren este xoves á baixa co prezo do cru disparado pola guerra en Irán e á espera da reunión de tipos do Banco Central Europeo (BCE).
O principal selectivo da Bolsa española, o IBEX 35, cae o 1,39% e cotiza por baixo dos 17.100 puntos. As perdas do ano son do 1,44%.
Lidera as perdas ArcelorMittal, cunha baixada do 4,28%. Inditex cede o 2,23% e os grandes bancos, como o Santander e o BBVA déixanse un 1,8 %.
Esta mesma tendencia estase dando na apertura das principais bolsas europeas, con caídas do 1,58 % en Frankfurt, seguida de Londres e París que ceden un 1,3 %.
En Asia, a bolsa de Shanghái déixase o 1,39 %; a de Hong Kong un 2,05%; e o Nikkei de Tokio descendeu o 3,38%.
Os futuros de Wall Street tamén adiantan unha xornada en vermello, despois de pechar a véspera en negativo, nunha sesión na que a Reserva Federal (Fed) decidiu manter sen cambios os tipos de xuro, que permanecen entre o 3,5 e o 3,75%.
Os analistas de Renta4 explican que os mercados recollen hoxe de forma negativa tanto o agravamento do conflito en Oriente Medio, con ataques cruzados a infraestruturas enerxéticas, como unha Fed que podería atrasar as baixadas de tipos e mesmo cuxo "próximo movemento podería ser unha subida de tipos, aínda que non é o escenario basee da gran maioría de membros" do banco central.
Noutros mercados, o ouro cae o 2,38%, ata os 4.715,8 dólares; e o bitcóin retrocede o 1,52% (70.173,07 dólares).
A rendibilidade da débeda soberana sobe con forza: No caso do bono español a dez anos, ao 3,488%, e no do alemán, ao 2,970%. EFE