Publicador de contidos

O Reino Unido, preocupado pola saúde da raíña Isabel

O Reino Unido, preocupado pola saúde da raíña Isabel

As inquedanzas xorden do hermetismo a redor da saúde de Isabel II

G24.gal 01/11/2021 16:10

No Reino Unido están en alerta pola saúde da raíña Isabel. Despois do seu ingreso no hospital, os médicos de Isabel II recomendáronlle repouso absoluto durante, polo menos, dúas semanas.

A raíña, que acaba de cumprir 95 anos, permanece no palacio de Windsor atendida polos seus doutores, e 'ben de ánimo' segundo fontes próximas. Pero no Reino Unido hai inquedanza polo hermetismo en torno á saúde da soberana, que enviuvou hai medio ano.

Durante a ausencia de Isabel II, os compromisos reais serán asumidos polo seu herdeiro e polos duques de Cambridge.

Publicidade
Publicidade
Publicidade