Cargando resultados...
O rei Filipe VI, negativo en coronavirus, retoma este luns a súa axenda
O monarca estivo en illamento once días

G24.gal
20/02/2022 20:05
O rei deu negativo na proba de control da covid-19 que se lle practicou este domingo, tras once días do seu positivo. Desde este luns retoma as súas actividades oficiais con plena normalidade, conforme informan fontes da Casa Real.
O monarca deu positivo o pasado 9 de febreiro nunha proba que se lle realizou tras presentar a noite anterior "síntomas leves".
Desde aquela, e tras dar de novo positivo o día 15, o xefe do Estado permaneceu en illamento, o que o obrigou a ter que suspender a súa axenda presencial, que agora recupera con plena normalidade.