Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rei Fabiano está de volta como adestrador do Compostela

O Rei Fabiano está de volta como adestrador do Compostela

O técnico brasileiro firma por unha tempada, despois dunha última experiencia no Vitória da Série C de Brasil.

G24.gal 01/07/2022 17:13 Última actualización 01/07/2022 17:20

O Rei Fabiano está de volta. Fabiano Pessoa Soares será o adestrador da SD Compostela na Tempada 2022/23. O histórico xogador compostelanista, o que posúe o récord de partidos xogados no club en Primeira División, regresa ao Compos dos seus amores para dirixilo na Segunda RFEF. O técnico brasileiro firma por unha tempada, despois dunha última experiencia no Vitória da Série C de Brasil.

 

Falar de Fabiano é facelo da historia do Compos. O extraordinario mediocentro do Río de Xaneiro xogou nove tempadas na entidade, todas elas en Segunda e Primeira División, para un total de 357 partidos, en que ademais marcou 46 goles. Chegou en 1992, ascendeu á máxima categoría e mantívose no equipo ata 2001, regresando, tras un periplo no Botafogo, na 02/03.

Tras a súa retirada como futbolista, deixando unha meritoria traxectoria no fútbol brasileiro e español, Fabiano pasou aos bancos, iniciando a súa carreira nos campos galegos. Precisamente, sería o Compos o primeiro club sénior onde desenvolvería a súa faceta como adestrador, nunha breve etapa de tres meses en 2006, en Rexional Preferente.

Tras ese pequeno paso, e outra tempada no Bergantiños, Fabiano regresaría á SD Compostela en outubro de 2009, para dirixir o equipo na Segunda División B. Nesa campaña dirixiría o equipo vinte e nove encontros.

Desde aquela, Fabiano desenvolvería a súa etapa nos bancos no Estradense, o Estoril Praia de Portugal (seis tempadas), o Atlético Paranaense de Brasil, o Jeonnam Dragons de Corea (dúas campañas), o Barra FC de Brasil e a última no EC Vitória tamén de Brasil.

Con moita experiencia e 56 anos, O Rei Fabiano está de volta para loitar co equipo polo ascenso a Primeira RFEF.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar