Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rei do Cachopo confesa por primeira vez que matou a Heidi Paz, un crime polo que cumpre 15 anos de condena

O Rei do Cachopo confesa por primeira vez que matou a Heidi Paz, un crime polo que cumpre 15 anos de condena

Nunha carta, o cociñeiro César Román recoñece o asasinato, di que se arrepinte e pide perdón

A familia da vítima cre que é unha estratexia para acceder a permisos penitenciarios 
 

G24.gal 16/04/2024 13:59

César Román: "Matas unha persoa na casa e despézala, métela nunha maleta e chamas por teléfono un taxi? Tería que ser unha persoa con graves problemas mentais".

Esta foi sempre a versión de César Román, o Rei do Cachopo, durante o seu xuízo por asasinar e despezar a súa noiva no 2018. Sempre proclamou a súa inocencia ata agora. Nunha carta manuscrita dirixida á Audiencia Provincial madrileña confesa por primeira vez ser o autor do crime. Nela tamén asegura que se arrepinte e pide perdón á familia de Heidi Paz. E ofrécese a dar explicacións en sede xudicial se así o reclaman.

Para a familia da vítima, a carta é unha simple estratexia do condenado para conseguir permisos penitenciarios. César Román leva cinco anos no cárcere, quédalle un ano e medio para chegar á metade do cumprimento da súa condena.

A súa repentina confesión sorprendeu a súa avogada que di que a carta a escribiu nun momento de desesperación e que seguirán recorrendo ante instancias europeas, mantén que o seu defendido non é culpable do asasinato da súa noiva.

O Rei do Cachopo foi condenado a 15 anos de prisión, unha condena que xa foi ratificada polo Tribunal Superior de Xustiza de Madrid e polo Supremo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade