Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Real Madrid ten o reto máis difícil diante do City de Guardiola

O Real Madrid ten o reto máis difícil diante do City de Guardiola

A eliminatoria chega á volta empatada (3-3) e coa goleada recibida polo equipo branco na memoria dos afeccionados

G24.gal 16/04/2024 21:08

A segunda parte da batalla futbolística do ano celébrase nun escenario temible, onde nunca gañou o Real Madrid, onde o City leva 30 partidos de Champions invicto e os de Ancelotti caeron 4-0 a temporada pasada. Pero ao técnico italiano nada disto lle quita o sono.

Non hai medo tampouco por parte de Guardiola, ante un Real Madrid, que sobre todo na Champions é unha auténtica ameaza. Ancelotii nin sequera percibe inquietude no entorno e Bellingham, que non brillou no 3-3 da ida, reborda confianza.

Guardiola ten a todo o seu elenco: recupera De Bruyne e seguramente a Walker, a marca de Vinicius. E o Real Madrid, sen Tchouameni, confía en tombar o campión en Manchester e despexar bastante o camiño cara á súa décimo quinta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar