Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Real Madrid supera con moito sufrimento a eliminatoria co Leipzig

O Real Madrid supera con moito sufrimento a eliminatoria co Leipzig

O partido acabou con empate (1-1) e estivo moi preto o conxunto alemán de forzar a prórroga

O Celta será o vindeiro rival dun equipo branco moi dubitativo

G24.gal 06/03/2024 22:23 Última actualización 06/03/2024 22:52

O Real Madrid superou a rolda de oitavos de final da Liga de Campións, pero con máis sufrimento do agardado. O 0-1 da ida daba certa tranquilidade, mais o partido dos de Ancelotti foi moi discreto. 

No primeiro tempo, as mellores ocasións foron para o cadro alemán que estivo moito máis preto do gol que un Real Madrid que non tivo ningún lanzamento á portería. Na segunda metade seguía o medo no Bernabeu cun Leipzig que continuaba ameazando. Na primeira contra que conseguiu argallar o equipo branco, Bellingham conectou con Vinícius, que marcou o primeiro gol. 

Parecía encamiñada a eliminatoria, pero un par de minutos máis tarde Orban cabeceou á rede un centro e devolveu o temor á prórroga. 

Os últimos vinte minutos foron de acoso e derruba dun Leipzig que gozou de innumerables ocasións para marcar o segundo gol e mesmo estrelou un remate contra o traveseiro no tempo de compensación. O Real Madrid xogou un dos peores partidos dos últimos tempos, pero conseguiu aguantar un empate que o clasifica para a seguinte eliminatoria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar